Andrés xa avisara de que o domingo xogaba o Deportivo co Real Madrid.
- Velis, nolis iréi ao fútbol- díxolle a súa moza.
- Panem et circenses – respondeulle Irene fastidiada.
Andrés tentou suavizar a tensión con aloumiños, pero Irene, que entre os amigos tiña fama de ter un carácter moi pacífico, espetoulle:
- Noli me tangere – extrañada ela mesma da súa reacción pero decíndose para si nosce te ipsum.
Ben pensado tampouco era para facer un casus belli e podía aproveitar para visitar a Basilisa, unha tía avoa sui generis, cun modus vivendi especial e que gostaba de impór as súas opinións nemine discrepante. Na Noiteboa pasada prometéralle sine die a visita que todos os anos aprazaba ad Kalendas graecas, porque motu propio nunca acudía as citas familiares que sabía a priori desagradables.
In itinere, Irene parou nunha confitería porque para Basilisa era conditio sine qua non. Sempre decía do ut des, cando sacaba o licor café e abría a bandexa dos doces. Como sempre quedou embelesada ante o mare magnum de lambetadas que abarrotaban os expositores. Mentras esperaba recordou a última conversa que mantiveran sobre a inseminación in vitro da súa prima Dafne, campeona de 3.000 metros obstáculos. O tempora!, o mores!, exclamara. Basilisa acaba sempre recriminando a excesiva dedicación ao exercicio físico de Dafne. Con estas dúas frases sempre daban por concluida a discusión:
- Mens sana in corpore sano – decía Dafne.
- Memento mori – remataba Basilisa.
Cando Irene chegou a casa da súa tía, todo parecía inmerso nun totum revolutum, un mare magnum de xente que falaba:
- tempus fugit
- sic transit gloria mundi
- requiescat in pace
In memoriam Basilisae
Mostrando entradas con la etiqueta Expresións latinas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Expresións latinas. Mostrar todas las entradas
jueves, 12 de febrero de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)