viernes, 24 de abril de 2009
ÁNIMO SUPERNENAS
EUTROPIO III,18
Aníbal, perdida a esperanza de poder reter por máis tempo Hispania frente a Escipión, chamou ao seu irmán Asdrúbal con todas as súas tropas. Este, vindo polo mesmo camiño, polo que tamén miñera aníbal, caeu nas emboscadas preparadas polos cónsules Apio Claudio Nerón e Livio Salinator xunto ao Sena, cidade do Piceno.
EUTROPIO IV,6
O xeneral dos romanos o cónsul Publio Licinio foi enviado contra este e vencido polo rei nunha grave batalla. Sen embargo os romanos, ainda vencidos, non quixeron ofrecer a paz ao rei que a solicitaba, a non ser con estas condicións: que se entregasen el e os seus ao senado e pobo romano.
EUTROPIO IV, 17
Despois o cónsul Quinto Pompeio firmou unha paz innoble, vencido polos numantinos, que foi unha cidade riquísima de Hispania. Despois deste, Caio Hostilio Mancino firmou de novo cos numantinos unha paz infame, que o pobo e o senado ordenou romper e entregar aos enimigos ao propio Mancino, para que vengaran o agravio dun tratado roto en aquel, que tiñan como o autor do tratado.
XENOFONTE, Helénicas, 20-21
Cando Calicrátidas, caendo ao mar, foi destruido e Protomarco e os que estaban con el na ala dereita venceron á ala esquerda, produciuse entón a fuxida dos peloponesos cara Quíos, a maioría tamén cara Focea. Os atenienses de novo navegaron cara as Arxinusas.
Perderon 25 naves aenienses cos seus homes, excepto uns poucos que foron levados a terra, nove laconias dos peloponesos, sendo todas dez e dos outros aliados máis de 60.
XENOFONTE, Helénicas, 22
Pareceulles ben aos estrategos que Terámenes, Trasibulo e algúns taxiarcas (capitáns) navegasen con 47 naves cara as naves que se estaban a afundir e cara aos seus homes. Un vento e unha tempestade que se produciu, impidiuno a estes que querían facer isto.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario