jueves, 5 de febrero de 2009

CAZA DO TESOURO






ANTROIDO 2010

OS MELLORES DISFRACES DA HISTORIA
Ante a cercanía do Antroido e seguindo os pasos dos disfraces de Mortadelo, propóñovos que investiguedes como membros do CSI a un personaxe da Mitoloxía Clásica experto en disfraces, moi difícil de localizar, especialmente para a súa muller.

PREGUNTAS
1. Como se chama a muller do cadro de Tiziano?

2. No cadro atópase un personaxe misterioso disfrazado.Quen é? De que está disfrazado?
3. Que fillo tiveron? Foi famoso? Por que?
4. Averigua que relación vai ter Polidectes ca muller e co seu fillo.
5. Outros disfraces famosos do personaxe misterioso foron: aguia, touro, cisne. Utilizounos para conseguir o amor. De quen?
6. Noutra ocasión disfrazouse de "Anfitrión". Que dos escritores de épocas moi diferentes escribiron comedias sobre este tema? De que tratan?

RECURSOS
Estas son as páxinas que podedes utilizar como axuda:

http://arte.laguia2000.com/pintura/danae-de-tiziano
http://recursos.cnice.mec.es
http://www.culturaclasica.com/mitologia/mitologia.htm

A GRAN PREGUNTA
Amantes do deus do ceo, metamorfoses e a súa descendencia.

AVALIACIÓN
Cada pregunta vale 0.75 cun total de 4.5

A gran pregunta vale 5.5

CRÉDITOS
A imaxe provén de www.reprodart.com . Agradecementos tamén a google imaxes. Páxinas moi útiles e atractivas para desenrolar o tema da Mitoloxía Clásica son http://recursos.cnice.mec.es e http://www.culturaclasica.com/mitologia/mitologia.htm


No hay comentarios: