viernes, 24 de abril de 2009

ÁNIMO SUPERNENAS


EUTROPIO III,18
Aníbal, perdida a esperanza de poder reter por máis tempo Hispania frente a Escipión, chamou ao seu irmán Asdrúbal con todas as súas tropas. Este, vindo polo mesmo camiño, polo que tamén miñera aníbal, caeu nas emboscadas preparadas polos cónsules Apio Claudio Nerón e Livio Salinator xunto ao Sena, cidade do Piceno.
EUTROPIO IV,6
O xeneral dos romanos o cónsul Publio Licinio foi enviado contra este e vencido polo rei nunha grave batalla. Sen embargo os romanos, ainda vencidos, non quixeron ofrecer a paz ao rei que a solicitaba, a non ser con estas condicións: que se entregasen el e os seus ao senado e pobo romano.
EUTROPIO IV, 17
Despois o cónsul Quinto Pompeio firmou unha paz innoble, vencido polos numantinos, que foi unha cidade riquísima de Hispania. Despois deste, Caio Hostilio Mancino firmou de novo cos numantinos unha paz infame, que o pobo e o senado ordenou romper e entregar aos enimigos ao propio Mancino, para que vengaran o agravio dun tratado roto en aquel, que tiñan como o autor do tratado.
XENOFONTE, Helénicas, 20-21
Cando Calicrátidas, caendo ao mar, foi destruido e Protomarco e os que estaban con el na ala dereita venceron á ala esquerda, produciuse entón a fuxida dos peloponesos cara Quíos, a maioría tamén cara Focea. Os atenienses de novo navegaron cara as Arxinusas.
Perderon 25 naves aenienses cos seus homes, excepto uns poucos que foron levados a terra, nove laconias dos peloponesos, sendo todas dez e dos outros aliados máis de 60.
XENOFONTE, Helénicas, 22
Pareceulles ben aos estrategos que Terámenes, Trasibulo e algúns taxiarcas (capitáns) navegasen con 47 naves cara as naves que se estaban a afundir e cara aos seus homes. Un vento e unha tempestade que se produciu, impidiuno a estes que querían facer isto.

jueves, 12 de febrero de 2009

A “CLÁSICA” TARDE DOS DOMINGOS

Andrés xa avisara de que o domingo xogaba o Deportivo co Real Madrid.
- Velis, nolis iréi ao fútbol- díxolle a súa moza.
- Panem et circenses – respondeulle Irene fastidiada.
Andrés tentou suavizar a tensión con aloumiños, pero Irene, que entre os amigos tiña fama de ter un carácter moi pacífico, espetoulle:
- Noli me tangere – extrañada ela mesma da súa reacción pero decíndose para si nosce te ipsum.
Ben pensado tampouco era para facer un casus belli e podía aproveitar para visitar a Basilisa, unha tía avoa sui generis, cun modus vivendi especial e que gostaba de impór as súas opinións nemine discrepante. Na Noiteboa pasada prometéralle sine die a visita que todos os anos aprazaba ad Kalendas graecas, porque motu propio nunca acudía as citas familiares que sabía a priori desagradables.
In itinere, Irene parou nunha confitería porque para Basilisa era conditio sine qua non. Sempre decía do ut des, cando sacaba o licor café e abría a bandexa dos doces. Como sempre quedou embelesada ante o mare magnum de lambetadas que abarrotaban os expositores. Mentras esperaba recordou a última conversa que mantiveran sobre a inseminación in vitro da súa prima Dafne, campeona de 3.000 metros obstáculos. O tempora!, o mores!, exclamara. Basilisa acaba sempre recriminando a excesiva dedicación ao exercicio físico de Dafne. Con estas dúas frases sempre daban por concluida a discusión:
- Mens sana in corpore sano – decía Dafne.
- Memento mori – remataba Basilisa.
Cando Irene chegou a casa da súa tía, todo parecía inmerso nun totum revolutum, un mare magnum de xente que falaba:
- tempus fugit
- sic transit gloria mundi
- requiescat in pace

In memoriam
Basilisae

jueves, 5 de febrero de 2009

CAZA DO TESOURO






ANTROIDO 2010

OS MELLORES DISFRACES DA HISTORIA
Ante a cercanía do Antroido e seguindo os pasos dos disfraces de Mortadelo, propóñovos que investiguedes como membros do CSI a un personaxe da Mitoloxía Clásica experto en disfraces, moi difícil de localizar, especialmente para a súa muller.

PREGUNTAS
1. Como se chama a muller do cadro de Tiziano?

2. No cadro atópase un personaxe misterioso disfrazado.Quen é? De que está disfrazado?
3. Que fillo tiveron? Foi famoso? Por que?
4. Averigua que relación vai ter Polidectes ca muller e co seu fillo.
5. Outros disfraces famosos do personaxe misterioso foron: aguia, touro, cisne. Utilizounos para conseguir o amor. De quen?
6. Noutra ocasión disfrazouse de "Anfitrión". Que dos escritores de épocas moi diferentes escribiron comedias sobre este tema? De que tratan?

RECURSOS
Estas son as páxinas que podedes utilizar como axuda:

http://arte.laguia2000.com/pintura/danae-de-tiziano
http://recursos.cnice.mec.es
http://www.culturaclasica.com/mitologia/mitologia.htm

A GRAN PREGUNTA
Amantes do deus do ceo, metamorfoses e a súa descendencia.

AVALIACIÓN
Cada pregunta vale 0.75 cun total de 4.5

A gran pregunta vale 5.5

CRÉDITOS
A imaxe provén de www.reprodart.com . Agradecementos tamén a google imaxes. Páxinas moi útiles e atractivas para desenrolar o tema da Mitoloxía Clásica son http://recursos.cnice.mec.es e http://www.culturaclasica.com/mitologia/mitologia.htm


lunes, 2 de febrero de 2009

CUESTIONARIO DA LECTURA DE TÁCITO


GRUPO DE TRABALLO DE 2º DE BACHARELATO
Como actividade puntuable para o segundo trimestre, tedes que ler o "Discurso de Calgaco e Agrícola" e contestar ás preguntas do cuestionario. A data de entrega é o 13 de febreiro. Fará media co examen de teoría (3 puntos). Ánimo e a traballar como romanos.

CUESTIONARIO
1. Que é a oratoria? Completa o cadro seguinte coas partes que a Retórica propón para facer un bo discurso. Podes consultar aquí. http://www.culturaclasica.com/literatura/oratoria_romana.htm

Contido das ideas:
Ordenación das ideas:
Expresión do discurso:
Recursos para memorizar:
Técnicas de declamación:

2. PARTES DO DISCURSO. Completa o cadro, despóis de consultar esta presentación http://www.slideshare.net/pvila/oratoria-presentation-826470 de Álvaro P. Vilariño.
Comezo do discurso:
Exposición dos feitos:
ARGUMENTATIO
Presentación de probas:
Refutación das probas:
Parte final do discurso:



3. Cita tres escritores de oratoria en Roma.
4. Con quen se casou Cornelio Tácito? Como se titulou a obra que lle dedicou ao seu sogro?
5. Cita dúas obras de Tácito sobre a Historia de Roma.
6. Lectura. No discurso de Tácito, na conclusión de Agrícola (cap. 34) cambian as formas verbais, por que? Copia os verbos en latín e analízaos.
7. Análise e tradución:
[35] Et adloquente adhuc Agricola militum ardor eminebat, et finem orationis ingens alacritas consecuta est, statimque ad arma discursum (...)
8. Escribe algunha cita célebre de Tácito. Podes consultar: http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=961
http://recursos.cnice.mec.es/latingriego/Palladium/5_aps/esplap20.htm

miércoles, 28 de enero de 2009

CITAS DE AMOR CLÁSICAS


Co gallo do día dos namorados, 14 de febreiro,

aquí tedes unha presentación de frases en latín

e grego, relacionadas co amor.




Amores, ubi sunt
View more presentations or upload your own. (tags: amor de)